Alfonso Rueda presidiu a Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña e amosouse convencido de que o partido repetirá nas próximas eleccións europeas os excelentes resultados acadados na Coruña nas autonómicas dada a importancia da pesca nesta provincia e a influencia das políticas comunitarias neste sector.
Intervención de conselleiros
Estivo acompañado polo presidente provincial Diego Calvo, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, nun acto no que tamén interviron os novos conselleiros do goberno galego María Martínez Allegue, Antonio Gómez Caamaño, José López Campos e María José Gómez, así cómo José González.
A importancia do sector pesqueiro
O líder dos populares galegos aproveitou a presenza dos representantes dos concellos das comarcas de Ferrol, Bergantiños, Costa da Morte, Muros, Noia e Barbanza para reafirmar o compromiso do seu partido na defensa do sector pesqueiro galego e os seus intereses en Europa; así como o rexeitamento a aquelas políticas que resulten prexudiciais para o mesmo como foi o veto á pesca de fondo.
Segundo os populares, estas cuestións serán defendidas polo candidato coruñés Pablo Gómez Cedrón.