15.1 C
Santa Comba
viernes, junio 7, 2024

Estrea de «Fun á mina a Varilongo»

Esta vindeira fin de semana, a Casa da Cultura da Picota, en Mazaricos, acollerá a presentación da obra “Fun á mina a Varilongo”, escrita e dirixida por Pablo Seoane, con dúas representacións, sábado 25 e domingo 26 de maio.

“A mina ten moitas historias, buscamos unhas poucas e démoslle o noso toque para que fora máis vistoso para a xente” comenta Seoane que tiña esta obra “metida nun caixón” e que quedou abortada pola pandemia.

Despois de falar “con moita xente e coa axuda de Axio Mouro e de Jorge Castelo” quitou “unha espiña que tiña un pouco cravada”.

Entrevista a Pablo Seoane en Radio Xallas- Desde o minuto 60

Varilongo, motor económico e cultural

Destaca a importancia desta época:”Varilongo foi unha parte moi importante da comarca do Xallas e tamén doutras zonas, foi un motor económico e cultural. Chegou a traballar xente de Ordes, Santiago, Soneira, Costa da Morte, Asturias ou Portugal, e formouse unha mestura cultural grande e explosiva”.

O mestre gaiteiro lembra a tradición xalleira de cantareiras, pandeireiras e gaiteiros e a propia actividade inspirada na propia contorna:”Hai coplas que fan referencia a mina, E ós lugares onde había os filóns”.

Pablo Seoane

Oitenta participantes na obra

Oitenta persoas participan na representación: “É un orgullo toda a xente que participa e que permite plasmar as ideas que tiña eu”. A idea é poder realizar máis presentacións Galicia adiante.

O malo é que non se escenifique en Santa Comba polas esixencias escenográficas:”Santa Comba non ten un auditorio para esa representación e fora do auditorio sería moi complicado e moi custoso”.

“Fun á mina a Varilongo” está centrada “nunha personaxe que vén de fóra e descubre cousas culturalmente moi exóticas”.

Historias que serán semellantes as que protagonizaron moitas persoas e a que moitas máis escoitaron dos seus antepasados.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos