Un vehículo ardeu na súa totalidade esta madrugada en Carballo. O fume que provocou o incendio afectou, tamén, á fachada dun edificio situado na rúa Río Eume. Ninguén resultou ferido. O 112 Galicia recibía a alerta a través da Policía Local ás 1:50 horas.
Nese momento, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de Carballo e a Protección Civil. Finalmente, o lume foi extinguido pola dotación.

