Medio centro de alumnos de cuarto da ESO do IES Terra de Xallas participaron fai uns días nun obradoiro sobre inmigración impartido polas especialistas Eva Gil, Leticia Castro e Maria Fidalgo, do colectivo Raias Traveseiras.
Este obradoiro, denominado «Desafiando fronteiras«, permitiu aos alumnos coñecer o funcionamento dos Centros de Internamento de Estranxeirxs (CIE's), e ter máis información sobre as «devolucións en quente», a explotación laboral, conflitos internacionais e «reflexionar sobre os elementos comúns e as diferenzas entre a emigración que os nosos familiares emprederon outrora coa que está a vivir a mocidade galega na actualidade, e tamén coas motivacións e a realidade que viven as persoas inmigrantes que buscan unha oportunidade en territorio europeo»
O obradoiro deu lugar a un debate nunha iniciativa que os participantes valoraron moi positivamente.