16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Ana Miranda e Iria Carreira visitaron Santa Comba

A eurodeputada Ana Miranda e a parlamentaria autonómica Iria Carreira visitaron este sábado o concello de Santa Comba para reunirse co candidato á alcaldía Juan David Sixto.

Acompañadas por membros da candidatura do BNG local realizaron tamén unha visita pola tradicional feira xalleira.

“Ameaza eólica” , Centro de Saúde e Atención ós Maiores

Juan David Sixto referiuse ós “principais temas que preocupan á veciñanza de Santa Comba”, que segundo explicou están vencellados a repercusión da ameaza eólica tanto na produción agropecuaria como no propio monte, o dereito a producir no sector agrario e tamén a situación do centro de saúde, en mínimos por falta de persoal.

«Santa Comba merece máis, merece, por exemplo un servizo público de calidade xa que temos un centro de saúde deficiente, no que entra auga cando chove e con falta de persoal que compre solucionar de inmediato» afirmou o aspirante nacionalista, que agradeceu o apoio das representantes do BNG para trasladar estas inquedanzas.

Mellor xestión dos fondos Europeos

Ana Miranda sinalou que os fondos europeos teñen que servir «de verdade para asentar a poboación nas nosas comarcas, para que un sector produtivo tan importante en Santa Comba teña futuro, para que a nosa mocidade non se vexa obrigada a emigrar».

Xunto coas deficiencias do Centro de Saúde, desde o BNG local lamentaron as carencias na atencións ós maiores xa que “non existen residencias e moitas persoas vense na obriga estar soas nas súas casas, sen ter quen as atenda nin lle dean medicamentos cando os precisan”.

Neste sentido, a deputada Iria Carreira comprometeuse a trasladar as demandas e animou a apoiar o BNG porque é quen defende uns servizos públicos de calidade en todo o territorio, con iguais dereitos para as persoas, vivan no rural ou nas cidades.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos