FOTOS- Víctor Hugo
Raúl González Lado colle o testemuño de José Manuel Pequeño, pero non é alleo a vida política do concello de Dumbría.
Por iso está “moi ilusionado de poder encabezar a proposta doPSdeG para Dumbría despois de máis de 30 anos da miña vida traballando polo pobo”.
De feito destacou que “o seu labor como alcalde é un exemplo de bo facer”.
González Lado afirmou que “O noso obxectivo é seguir traballando como fixemos ata agora para queDumbría siga sendo un referente na Costa da Morte”, co compromiso de “coidar do común, ofrecer servizos, cubrir as necesidades da xente e traballar por un rural moderno e á vangarda”.
A transformación de Dumbría
A figura de Pequeño estivo presente en toda a presentación da candidatura.
“Foi un alcalde que transformou Dumbría converténdoa nun referente municipal xa non só nivel galego senón a nivel do Estado” en ámbitos como o das políticas sociais, de emprego ou medioambientais” sinalou Bernardo Fernández.
“Non teño ningunha dúbida de que esa senda de mellora desenvolvida por José Manuel Pequeño vai continuar a partires do vindeiro 28 de maio con Raúl, que foi tamén clave deste progreso durante todo ese tempo” engadiu.
No acto tamén participou o propio Pequeño e a concelleira María Lema Santabaya.