10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Miguel Pérez pide apoio para “despertar ese xigante durmido que é Santa Comba”

O Partido Galego de Santa Comba celebrou un acto para presentar ao seu candidato á alcaldía, que é un vello coñecido da política local, o ex-alcalde Miguel Pérez Fernández.

No multiusos xalleiro, falou o secretario local, Anxo Ares, o dirixente do Partido Galego, Xosé Antón López, e Montse Almozara, que ocupará o segundo posto na candidatura.

Tanto Almozara como o propio Miguel Pérez puxeron en valor o traballo feito polo ex-mandatario nos seus anos de goberno e a necesidade dun cambio político no concello de Santa Comba.

“Que este acto o poidamos recordar como o día no que un grupo de homes e mulleres de Santa Comba decidimos cambiar o destino do noso pobo. Santa Comba ten dereito a vivir, Santa Comba quere vivir “ manifestou o candidato.

Reclamar os dereitos de Santa Comba diante da Xunta

Para Pérez o presente non é óptimo:”Estas a suceder cousas que non boas, e sen que os que nos están a gobernar se manifesten.As cousas en Santa Comba non marchan ben. Cada día que pasa Santa Comba é menos concello”.

Pediu apoio para cambiar esa situación :”Santa Comba é un xigante durmido, un león que imos a despertar”. E garantiu “a capacidade” do Partido Galego “para ir a Xunta de Galicia a reclamar os nosos dereitos” xa que “A Xunta vai a ter que empezar a cumprir coas obrigas que ten con Santa Comba”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos