10 C
Santa Comba
miércoles, mayo 15, 2024

Alfonso Rueda valora o “excepcional resultado” acadado na provincia da Coruña

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda Valenzuela, participou na Xunta Directiva Provincial do Partido Popular da Coruña onde valorou “o fito histórico” e os “resultados excepcionais” dos comicios autonómicos.

13 escanos e 48% dos votos emitidos

Lembraron que o Partido Popular sumou 13 escanos sumando case o 48% do total dos votos emitidos, “o que supón que case a metade dos coruñeses elixiron a papeleta do PPdeG o 18-F”.En total, 26.400 sufraxios máis que en 2020 e 12.500 votos máis que a suma de BNG e PSOE.


Alfonso Rueda resaltou a importancia deste logro para o futuro de Galicia, enfatizando o compromiso de seguir superándose cada día grazas a “un goberno marcado pola dignidade, a responsabilidade e o sentidiño”.

Valoración moi positiva

Tamén fixo unha valoración moi positiva o presidente provincial Diego Calvo, que agradeceu a todos os alcaldes e portavoces da provincia, así como aos militantes e afiliados a súa axuda, en campaña electoral e todos os días do ano, xa que eles son a voz e a cara do PPdeG en cada recuncho da provincia.


A esta xunta directiva asistiu a secretaria xeral, Paula Prado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos