10.4 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Emoción asegurada no fútbol da Costa

Nova xornada do fútbol costeiro, na que os afeccionados poderán disfrutar de partidos intersantísimos nas cinco categorías do deporte rei na Costa da Morte.

Redacción (@AdianteGalicia)

Un necesitado Bergantiños recibe ao líder de Terceira División, o Rápido de Bouzas. O conxunto de Javier Oreiro buscará unha victoria ante os vigueses que lle permita coller un pouco de aire para afrontar con forzas as vindeiras xornadas e  saír dos postos perigosos da clasificación.

Na Preferente Norte, o Paiosaco buscará unha victoria, na Porta Santa ante o Viveiro, que lle permita seguir invicto na competición e seguir soñando con facer algo importante esta tempada.

Polo que respecta ao Laracha, o equipo de Félix García buscará encadear a súa segunda victoria consecutiva ante o filial da SD Compostela, o Agrupación Estudiantil. O mesmo que os laracheses quere acadar o Xallas na súa visita ao Atlético Riveira, un equipo que se está mostrando irregular no que vai de tempada e que non chega no seu mellor momento a este encontro.

Pola súa banda, un doído Dumbría intentará acadar o seu primeiro triunfo no que vai de liga ante un O Val, que é o penúltimo clasificado con tan só tres puntos máis que os dumbrieses.

O Soneira, líder invicto da Primeira Rexional, quere seguir no máis alto da clasificación para iso buscará conquistar o Cairo ante un Corme que non lle poñerá as cousas, para nada, fáciles, xa que o equipo de Miguel Torrado quere volver á senda da victoria.

Mentres tanto, o Sofán recibe no Carral a un irregular Agolada que chega a esta xornada coa moral polas nubes tras golear ao Malpica a pasada semana pero os homes de Josito queren seguir mirando cara a parte alta da clasificación e buscarán que os tres puntos queden en terras carballesas.

Outes e Malpica queren volver á senda da victoria tras tres derrotas consecutivas. Os homes de Manu Roque reciben no Conchido ao Tordoia, un equipo da parte baixa da clasificación. Mentres que o Malpica enfrontarase na Pedra Queimada a un irregular Sigüeiro.

Pola súa banda, o Baio intentará recompoñerse da dura derrota sufrida a pasada xornada ante o potente Flavia. Os pupilos de Óscar Suárez buscarán a victoria no Platas Reinoso ante un recén ascendido Val do Ulla que está sorprendendo polo seu bo inicio de liga.

O líder da Liga da Costa, o Ponteceso, quere seguir no máis alto da clasificación e buscará a victoria no derbi ante o Cerqueda. Mentras que os equipos do grupo perseguidor esperan un fallo dos pontecesáns para darlle caza aos homes de Barca sempre e cando eles consigan a victoria.

Baíñas e San Lorenzo enfrontanse no partido da xornada. Os verdes buscarán seguir coa súa traxectoria ascendente e darlle un duro golpe ao equipo de Verdillo, un conxunto que quere recompoñerse da derrota da pasada tempada ante o Castriz.

Mentres tanto, o Sporting Zas intentará conquistar o Hermanas Patiño na súa visita a un mermado Camariñas polas baixas que acarrea. 

Por detrás, chega un eufórico Castriz logo da súa victoria en Verdillo a pasada xornada. Esta semana, os xalleiros reciben a un recén ascendido Ameixenda que está firmando un gran inicio de tempada.

No que respecta ao Mazaricos, o equipo de Néstor Romero intentará conseguir a súa terceira victoria consecutiva na súa visita a un Cee que chega doído tras a goleada sufrida ante o Zas.

Pola súa banda, o Fisterra buscará reencontrarse coa victoria no Arasolís ante un irregular Porteño que non dá arrancado. 

Nas Redondas, a Esteirana quere acadar o seu segundo triunfo consecutivo ante un Cabana que quere conseguir a primeira victoria da tempada.

En Carnota, o conxunto local e o Buño buscarán conseguir sumar os tres puntos para alonxarse dos postos baixos da clasificación. Mentres que o colista da categoría, o Volantes de Baño, recibe no Eleuterio Balayo a un Coristanco que quere volver á semda da victoria.

O Laxe e o Corcubión disputarán o partido da xornada da Terceira Rexional no Municipal de Laxe.

Por outra banda, Montelouro e Muxía disputarán un encontro interesante no Agra de Filgueira onde estará a terceira ou incluso a segunda praza da clasificación en xogo.

Mentres tanto, o Castrelo e Sporting Seaia buscarán a segunda victoria da tempada no Municipal de Vimianzo. E o Lira intentará puntuar por primeira vez no que vai de liga ante o Camelle.

TERCEIRA DIVISIÓN (Domingo 25 de outubro)

Bergantiños CF – Rápido de Bouzas CF, ás 17.00h nas Eiroas (Carballo)

PREFERENTE NORTE (Domingo 25 de outubro)

Agrupación Estudiantil – Laracha CF, ás 16.30h en San Martiño (A Estrada)

CF Dumbría – SD O Val, ás 16.30h no Conco (Dumbría)

Atlético Riveira – Xallas FC, ás 16.30h na Fieiteira (Riveira)

UD Paiosaco – Viveiro CF, ás 17.00h na Porta Santa (Paiosaco)

PRIMEIRA REXIONAL (Domingo 25 de outubro)

SD Sofán – SD Agolada, ás 16.30h no Carral (Sofán)

Corme CF – Soneira SD, ás 16.30h no Cairo (Corme)

CD Baio – Val do Ulla UD, ás 16.30h no Platas Reinoso (Baio)

SCD Malpica – Sigüeiro CF, ás 16.30h na Pedra Queimada (Malpica de Bergantiños)

Outes CF – Tordoia CF, ás 17.00h no Municipal do Conchido (Serra de Outes)

LIGA DA COSTA (Domingo 25 de outubro)

UD Carnota – Buño SCD, ás 16.30h no Municipal de Lombáns (Carnota)

UC Cee – Mazaricos CF, ás 16.30h no Sampaio dos Refoxos (Cee)

Cabana SD – SD Esteirana, ás 16.30h nas Redondas (Cabana de Bergantiños)

Volantes de Baño FC – SD Coristanco, ás 16.30h no Eleuterio Balayo (Muros)

CD Baíñas – SD San Lorenzo, ás 17.00h no Municipal de Vimianzo (Vimianzo)

SD Fisterra – CF Porteño, ás 17.00h no Arasolís (Fisterra)

Camariñas FC – Sporting Zas, ás 17.00h no Hermanas Patiño (Camariñas)

UD Cerqueda – Ponteceso SD, ás 17.00h en Xaviña (Buño)

SD Castriz – SD Ameixenda, ás 17.00h en San Pedro (Castriz)

TERCEIRA REXIONAL (Sábado 24 e domingo 25 de outubro)

SD Laxe – UD Corcubión, sábado 24 ás 16.30h no Municipal de Laxe (Laxe)

Lira CF – Camelle SD, sábado 24 ás 16.30h no Municipal de Lombáns (Carnota)

CF Castrelo – Sporting Seaia CF, sábado 24 ás 17.00h no Municipal de Vimianzo (Vimianzo)

UD Montelouro – Muxía CF, domingo 25 ás 16.30h no Agra de Filgueira (Louro)

Descansa CD Nantón

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos