9.8 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Alberto Varela: “Son un piloto moi tranquilo”

O piloto carballés comezou a correr no autocross no ano 2009 cando tan só tiña dezaseis anos.

Esta tempada, a falta dunha proba para o remate do campionato e por primeira vez dende que comezou neste deporte, Alberto Varela proclamouse campión galego da categoría de menos de 1600cc a bordo do seu Citroen Saxo.

O piloto da Peña Autocross Arteixo dominou o campeonato de principio a fin, gañando seis das nove probas que se celebraron ata o momento.

David Castro (@DavidCastro27)

P- De onde che vén esta paixón polos coches?

R- Desde pequeno que ía ás carreiras con meu pai e outros coñecidos, e desde cativo fun sempre ao autocross e sempre me gustou.

P- Como comezaches nesto do autocross?

R- Con 15 anos dóuseme por marchar comprar un coche e supostamente si o compraba, meus pais non me deixaban entrar na casa (risas). Aínda así, un amigo e máis eu marchamos para Ferrol e finalmente compramos un coche. Despois fómolo facendo pouco a pouco, coa axuda do mecánico que tiñamos aquí en Motor Carballo e que tamén corría en autocross, ata que comecei a correr.

P- Como te defines como piloto?

R- Moi tranquilo. Xa logo me da igual quedar primeiro que terceiro, son moi tranquilo.

P- Dos circuitos que compoñen o campionato galego cal é o que máis che gusta? Por que?

R- O José Ramón Losada de Arteixo pola afección que acude a el nas probas, polo trazado tan rápido que ten e polo bo estado no que se atopa sempre.

P- E o que menos che gusta? Por que?

R- O de Viduedo (San Cristovo de Cea, Ourense) polo estado da pista, horarios e porque nunca cumpren as cousas.

P- O teu mellor momento no autocross, é este título galego acadado o pasado 10 de outubro?

R- Sí, claro está, sin dúbida ningunha.

P- Cal foi o teu peor momento dende que comezaches nesto do autocross?

R- O peor foi o segundo ano que corrín. Sin ter nin idea, nunha das carreiras  púxenme segundo na saída da semifinal pero ao chegar á terceira curva envorquei e desfixen todo o coche.

P- Que sentiches ao finalizar a carreira de O Castro cando soubeches que eras o novo campión galego de autocross na categoría de -1600cc?

R- De todo. Alegría, emoción. Non se pode describir.

P- Supoño que para ti este campionato galego que lograches en terras rianxeiras é moi especial por dous motivos. En primeiro lugar porque é o primeiro título que consigues e por outro lado por suceder no máis alto ao teu compañeiro e amigo Daniel Gorín. É así?

R- Sí, en primeiro lugar nunca pensei que fose capaz de gañar. E o ano pasado despois de gañar el, sempre me dicía que tiña que este ano tiña que gañar eu e  eu decíalle que non ía ser capaz pero ao final por sorte saíu ben.

P- A quen lle adicas o campionato galego conseguido na presente tempada?

R- A todo o equipo. A toda esa xente que traballa no coche, que me axuda e que me acompaña nas carreiras.

P- A vindeira tempada veremos a Alberto Varela defendendo o título de menos de 1600cc ou cambiará de categoría?

R- Eso aínda non se sabe. Si facemos todo o campionato, seguiremos en menos de 1600cc pero si decidimos facer probas soltas seguramente probaremos en máis de 1600cc.

P- Poderemos verte competindo en todas as probas do campionato de España?

R- Por agora non hai presuposto para competir no campionato de España. Si houbese presuposto animábame pero mentras non o haxa, hai que competir por aquí.

P- Xa para rematar, como afrontas a última carreira do campionato galego que se disputará o vindeiro 14 de novembro no circuito Xacobeo Motor Sport de Lavacolla?

R- Intentaremos facelo o mellor posible pero sin presión ningunha. Ata agora, sempre houbo presión pero agora xa nos dá igual porque temos o traballo feito.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos