11.5 C
Santa Comba
martes, mayo 21, 2024

Óscar Leis: “A dupla Leis-Lobelos é sinónimo de traballo”

Óscar Manuel Leis Formoso é o coordinador do CF Dumbría, un clube en continuo crecemento, o cal, segundo el, se basa no constante traballo que realizan todas as persoas implicadas no clube dumbriés.

Ademáis de coordinar, este apaixonado do fútbol forma unha dupla, con Diego Lobelos, que é sinónimo de ascenso. Na actualidade, Diego e Óscar están a fronte dos xuvenís que compiten en Liga Galega, os cales están situados na segunda posición da categoría.

David Castro (@DavidCastro27)

P- Cales son as claves dos éxitos que están a ter as categorías base do Dumbría?

R- As claves son o traballo constante, tanto dos xogadores e os seus adestradores, como da xente que cada fin de semana se implica moitas horas para poder cubrir todo o que precisamos, ver partidos, rivales, xogadores, etc. Tamén é fundamental dotar as plantillas dos xogadores precisos e os mellores adestradores posibles para sacarlle o máximo rendimento. 

P- O obxectivo deste gran traballo que estades a realizar no Conco é aportar cada vez máis xogadores da canteira ao primeiro equipo?

R- Ese é o obxectivo final, formar a plantilla cos máximos xogadores posibles saídos da base, pero sempre dentro dos prazos adecuados e sen deixar de competir ao nivel esixido en cada unha das categorías nas que participamos. A día de hoxe os nosos cadetes e xuvenís compiten ao máximo nivel en Galicia e a esixencia é máxima. Na nosa zona é moi complicado manternos a este nivel e polo tanto os erros deben ser os mínimos posibles.

P- Que lle dá o Dumbría aos seus rapaces que prefiren xogar no Conco antes que vestir a camisola de grandes clubes, coma o Deportivo, por exemplo?

R- O Dumbría dalle a posibilidade de competir ante os mellores equipos de Galicia da súa idade, e incluso de ganarlle, algo que fai pouco tempo era impensable que sucedese aquí. 

Dalle a posibilidade de adestrar con moi bos adestradores, titulados e cercanos aos rapaces, e tratamos de darlle todo o necesario para que disfruten do fútbol. Procuramos ser cercanos con eles e preocuparnos polas súas inquietudes e problemas. Esto non é fútbol profesional, é fútbol base e na Costa da Morte. Ademáis de todo iso, gozamos dunhas instalacións impresionantes.

P- Estades a convertirvos nun conxunto exportador de grandes talentos. Un dos últimos casos foi a marcha de Jose Marcote ao Racing de Ferrol. Esta é unha das mostras do traballo realizado por todas as persoas que componen o equipo técnico de fútbol base do Dumbría. É todo un orgullo que equipos grandes se fixen nos vosos xogadores, non?

R- Por suposto que é un orgullo para nós que os rapaces progresen e acaben xogando en equipos importantes. A día de hoxe temos moitos rapaces que poden rendir ben en calquera deses equipos, pero sempre e cando sexa para mellorar o que nos lle ofrecemos aquí, equipos que traballen ben e que teñan un proxecto de canteira serio, porque non todos os equipos que están en categorias superiores onde nós estamos melloran a nosa proposta, e cando algún deses equipos aparece para tratar de levar a un dos nosos rapaces procuramos asesoralos ben e facerlle ver a realidade para que despois non se vexan afectados no seu progreso ou se sintan enganados por falsas promesas. Non só nos preocupamos dos rapaces cando están aquí senón que tamén cando marchan queremos que o fagan onde vaian progresar e mellorar. O caso de Marcote é o mellor exemplo, fichou por un clube que nos últimos anos doulle un gran impulso a súa canteira, aínda que en ningún momento se dirixiron a nós para falar da súa incorporación e creo que non costaba nada facelo.

P- A dupla Diego Lobelos – Óscar Leis é sinónimo de ascenso. Veremos aos xuvenís do Dumbría na Liga Nacional a próxima tempada?

R- A dupla Lobelos – Leis é sinónimo de traballo diario e constante, non só nos adestramentos, tamén en ver rivais, ver partidos, tratar de incorporar aos xogadores que non temos aquí e sobre todo en cuidar os rapaces e facilitarlle toda a información posible para que no campo poidan competir o mellor posible. 

Os ascensos son fruto da combinación dese traballo e do bo grupo de rapaces que temos, dirixidos por un grandísimo míster. Eles son os grandes protagonistas e os máximos responsables dos bos resultados. 
Sobre o ascenso á Liga Nacional son palabras maiores que nós non pronunciamos, somos novatos na categoría e falar de ascenso correspóndelle a outros equipos que levan máis tempo nesta liga. A día de hoxe só nos preocupa asentarnos na categoría e gañar este sábado.

P- Das túas labores dentro do clube dumbriés, cal é máis complicada de realizar, a de adestrador ou a de coordinador? Por que? 

R- Tanto nunha faceta como noutra sintome moi a gusto, o club facilitame moito o traballo, xente como Sergei e Manolo Lopez fan todo moito mais facil, e o grupo de adestradores do noso futbol base e espectacular e polo tanto con esas duas circunstancias e todo moi sencillo. E na faceta de adestrador son un privilexiado porque esta vai ser a septima temporada o lado dun fenomeno como e Diego Lobelos, cada dia aprendo cousas o lado del, eu so son o seu axudante e para min e un luxo, como o é tamen poder ter a Pablo Conde e Huelvis en infantiles e cadetes , de todos eles procuro aprender.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos