VÍDEO
O mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro, no concello de Silleda, do século X, acolleu a pasada fin de semana un dos concertos do ciclo “Camiños sonoros. Xoves prodixios galegos na vía da prata”, promovido pola Consellería de Cultura, dentro da programación do Xacobeo 21.
Neste concerto do 13 de xullo, actuaron o pianista David Álvarez Martínez, e coas frautas travesas, Elba Vázquez Rodríguez e Sara Lama Opazo, interpretando pezas de Doppler, Mancini e Goepfart.
Posteriorme Elba e Sara estiveron acompañadas por máis frautistas, Aldara Rodríguez Alonso, Nicolás Casal Cid e Aixa González Alamino. Ofreceron temas de Ravel, Bizet e a popular “Tu Gitana”.O día anterior no mesmo recinto actuou a pianista Marta Rama Ferreira.
No mosteiro de Carboeiro, de estilo tardorománico de transición ao gótico, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia inviste 290.000 euros nun proxecto de reparación e restauración, que está a executarse.