6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Branca Vilela, emocionada na presentación do seu poemario en Muxía

A escritora de Fisterra Branca Vilela presentou o seu último poemario nun acto poético musical en Muxía.

 A escritora tras o acto indicou que foi «Unha tarde para o recordo, o sentimento, os encontros, a amizade e as emocions: grazas a todos que me acompañastedes, Grazas a Suso e a Xulio polas súas palabras tan cheas de admiración, tenrura e compañerismo. Grazas os que quixéstedes vir e non pudestedes. Grazas a Pepe Formoso por volcarse para que nos sintiramos como na casa» destacou a autora. 

Prólogo de Xulio Valcárcel

O escritor lucense Xulio Valcárcel foi o autror do prólogo de «Adeus espido do mar», o novo poemario que Branca Vilela presentou na fin de semana en Muxía. Estivo acompañada por Suso Bahamonde, autor local, e polo seu fiel compañeiro e prologuista da obra Xulio Valcárcel, a quen Branca agradeceu a confianza depositada «dende o primeiro libro que publiquei».

 Recordou ao seu pai que naceu no día da presentación, por iso «Tiña que ser aquí, e tiña que ser neste día», no albergue Bela Muxía. «Penso neste libro como nunha especie de elexía ao adeus», sinalou Vilela, indicando que a segunda parte «foi escrita trala morte do meu pai». Tamén contou a historia do seu curmán Abel, un mozo falecido no mar pero cun corpo que nunca se chegou a atopar. Finalmente optou polo recitado do último poema do libro, visiblemente emocionada e teimando «por non chorar».

Foto- Facebook Branca Vilela- Tsz-Man Chan

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos