O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, representaba o rostro dos gañadores. Non só Pedro Sánchez no conxunto do estado senón tamén os socialistas galegos:”O PSdeG é a primeira forza en Galicia. Por primeira vez na historia da autonomía galega e na historia democrática do país,o Partido Socialista gana de forma clara e contundente”.
Para Caballero “estas eleccions marcan un novo tempo político que pecha o ciclo do PP como primeria forza política”. O líder socialista lembrou que a organización foi “a máis votada nas sete cidades galegas” polo que estamos diante “dun momento histórico de grande importancia”
Asegurou que reciben “con responsabilidade” esta vitoria, para seguir traballando polo país.