15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Nin o Bloque nin En Marea lograron o obxectivo. Compromiso asegura que «Villares e Pontón están en débeda con Galicia»

O Bloque Nacionalista Galego no logrou o seu obxectivo de “ter voz propia” en Madrid. Nunha das súas mensaxes electorais, Ana Pontón pediu “unha oportunidade de recuperar peso político”. A pesar de sumar 93.810 votos en 2019 fronte aos 45.252 de 2016, e tal e como recoñeceu o membro da executiva Rubén Cela “Non foi posíbel. Conseguimos máis que duplicar o resultado das pasadas eleccións xerais, mais ficamos a 11.000 votos de obter representación”. O candidato pola Coruña Néstor Rego tamén sinalou que “infelizmente o resultado non foi suficiente para obter representación”. Tamén Ana Pontón expresou a súa preocupación pola non consecución de alomenos un escano aínda que fixo fincapé na “remontada” do BNG.

Polo que respecta a En Marea, os resultados foron malos, con 17.726 votos.Luís Villares manifestou que a polarización do voto progresista logrou parar as opción de dereitas pero deixa a Galicia “cunha voz feble” no parlamento estatal.

Esta situación orixinouse por culpa de BNG e En Marea, segundo o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro: “O BNG fixo un exercicio de alimentación interna neste proceso, sen importarlle Galicia. O máis preocupante é que a posible suma de BNG, En Marea e CxG, si tería representación en Madrid, tendo tamén en conta o efecto positivo na campaña”.

Para Piñeiro “Villares e Pontón están en débeda con Galicia, puxeron as súas necesidades partidarias e persoais diante dos intereses do noso País”. Nas eleccións do pasado domingo a formación galeguista obtivo 2.692 votos.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos