6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

O legado de Alfredo Brañas, máis preto da xente

Libros, fotografías e cartas de Alfredo Brañas foron cedidas polo seu sobriño Santiago González Brañas.

@xmlema

Sete caixas de cartón chegaron a Carballo nun taxi. Dentro delas parte do legado de Alfredo Brañas. Libros, fotografías e cartas que conforman un auténtico tesouro cultural dun escritor e xurista nado na capital de Bergantiños no 1859, e que deixou textos como “El regionalismo” que deixaron unha fonda pegada no país.

Pois este 7 de febreiro o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o sobriño-neto de Brañas, Santiago González Brañas, asinaban a cesión deste material. Será o concello de Carballo o encargado de clasificar toda esta valiosa herdanza e de poña ao alcance da sociedade.Había moitas testemuñas que asistiron a este momento histórico. O patrono da Fundación Alfredo Brañas, Manuel Varela Rey, membros da corporación local e tamén da comisión veciñal que traballa pola recuperación da súa memoria.

“Non me nego nunca a vir se podo porque me sinto demasiado agradecido. Vós diredes que Alfredo Brañas só naceu aquí e estivo dous anos, pero el, cando foi a homenaxe que lle deron polo éxito do libro El Regionalismo, e así o recollen os xornais, levantouse para agradecer o escrito de adhesión que asinaran 400 veciños de Carballo” asegurou González Brañas.

. “Eu creo que é un xesto de recoñecemento aos herdeiros e tamén á propia figura de Brañas, que é o único carballés ilustre que temos e fillo predilecto por unanimidade da corporación municipal. Somos nós os que estamos agradecidos”, respondeu o alcalde de Carballo.

Todos eran consciente da importancia deste momento. Unha xornada que se completou cunha visita guiada ao IES Alfredo Brañas e cun xantar na taberna O´Mexilón situada na planta baixa da casa na que naceu Alfredo Brañas o 11 de xaneiro de 1859.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos