O punto de ocio infantil do concello de Coristanco acolle desde o pasado luns e ata o vindeiro 16 de febreiro distintos obradoiros de máscaras, disfraces e maquillaxe.
Na programación municipal tamén se inclúe unha Festa do Entroido para a terceira idade, prevista para o vindeiro sábado 10 de febreiro, a partir das 18h na Casa da Cultura con animación, baile e unha degustación (19,30h) de doces e produtos típicos destas datas. Haberá un sorteo de dous «cocidos» entre os asistentes.
Tamén haberá unha Festa Infantil de Entroido que terá lugar o vindeiro luns 12 de febreiro desde as 16,30h na Casa da Cultura, con baile, música, xogos, animación, obradoiros para todas as idades, desfile e sorteo de agasallos.