10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Xesús Búa, capturando momentos na Costa da Morte

O fotógrafo muxián Xesús Búa, foi o convidado de Xosé Manuel Lema nunha nova entrega das «Conversas na Encrucillada» de Adiante Galicia que podes escoitar aquí.

O fotógrafo muxián Xesús Búa expón a súa colección de fotografías “Miña Terra” en Ourense. “É un percorrido por xentes, lugares, festas e catástrofes da Costa da Morte”ó longo do tempo. Porque tempo foi o que pasou desde que por influxo do “gran ollo” da Costa da Morte, Ramón Caamaño, e cun agasallo da súa avoa Teresuca, unha cámara Kodak, comezou con once anos a captar intres na Costa da Vida.
Ramón Caamaño Bentín foi “o mestre” e a persoa que lle ensinou “o laboratorio do branco e negro”. Por iso non o esquence:”Ramón Caamaño hoxe en día é famoso polas fotos que non vendeu. En tódalas casas da Costa da Morte hai fotos del”.

Entre as fotos favoritas de Búa está unha coa avoa da Costa da Morte, Avelina Mouzo Leis (más info aquí) de Ponte do Porto. Ten 111 anos e o profesional muxián leva unha década sacándolle fotos en cada aniversario.Tamén elixe outra, a imaxe dun rizón na praia da Langosteira en Muxía.

Tamén hai momentos duros, como aquelas imaxes do santuario da Virxe da Barca de Muxía entre linguas de lume e columnas de fume:”Apremaba o botón e ó mesmo tempo choraba. Doíame a alma” asegura Búa nunha nova edición das nosas “Conversas na Encrucillada”.

Non é por localismo. Asegura que traballou en distintas comarcas de España e Portugal pero que “A Costa da Morte ten cousas que a fan moi poética, un sitio moi especial para a fotografía, cunha luz máis apagada”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos