12.9 C
Santa Comba
domingo, mayo 19, 2024

Paula Mouzo Mas volve ao Parlamento

A camariñá Paula Mouzo Mas volve ao Parlamento de Galicia. Tomará posesión do seu cargo no pleno que se celebrará o vindeiro martes 14 de maio.

Esta semana, xa participou na comisión parlamentaria de Pesca e Marisqueo, sendo elixida Vicepresidenta da citada comisión.

En declaracións a este medio, Paula Mouzo afirmou sentirse “moi ilusionada e con ganas de traballar por Galicia, a Costa da Morte e a miña Camariñas”.

Destaca que os meses que estivo de deputada na anterior lexislatura supoñen unha boa experiencia para esta nova etapa.

Recoller demandas a pé de rúa

Agradece a confianza do presidente Alfonso Rueda e do Partido Popular e xa está disposta a traballar “en todos os asuntos que teño en mente, en propostas que recibimos no seu momento, e tamén as demandas que continuaremos recollendo a pé de rúa”.

A tamén portavoz do Partido Popular de Camariñas amosouse convencida de que “os feitos avalarán as miñas palabras cando remate a lexislatura”.

Paula Mouzo foi no posto 23 nas eleccións autonómicas de 2020. Nas últimas ocupou o posto 14, unha mostra da aposta que fixeron por esta percebeira da Costa da Morte.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos