11.4 C
Santa Comba
domingo, mayo 12, 2024

Traballadoras do SAF de Muxía queren unha solución definitiva

A CIG esíxelle ao concello de Muxía unha “solución definitiva” aos “reiterados” atrasos no pago dos salarios ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.

A central sindical, que representa ás traballadoras pide que o concello asuma a xestión directa do servizo e non descartan mobilizacións.

As traballadoras asinaron un comunicado de apoio á representante sindical e negan estar “manipuladas”.

Lembran que o concello comprometeuse en decembro do 2022 a licitar o servizo e mentras “a empresa contratada fóra de licitación para prestar o servizo comprometeuse, a súa vez, a adiantar até un mes o salario ás traballadoras para evitar así atrasos no cobro das nóminas, dada a lentitude dos procedementos de abono das facturas por parte do Concello”.

Informan que a empresa comunicou que “de maneira verbal, que ten asinado outro acordo co Concello que a exime dese adianto”.

Pídenlle ao alcalde que «deixe de ameazar»

Cualifican de “circo mediático” a resposta do alcalde Iago Toba cando lle pediron explicacións e afirman sentirse castigadas por este Goberno cando o que están reclamando é o que lexitimamentelle pertence: os salarios polo traballo que desenvolven”.

Desde a CIG reclámanlle a Toba que “deixe de ameazar, que acredite se a adxudicataria está mentindo ou non sobre a existencia dese novo acordo, de non haber tal acordo que busque unha empresa con solvencia económica para afrontar os pagos e, sobre todo, que dea unha solución definitiva, xa que esa é a súa responsabilidade política”.

O secretario da Unión Local da CIG de Cee, Xabier Santos, subliña que Servizo de Axuda no Fogar é un servizo máis que presta o concello de Muxía, como calquera outro de xestión directa, e as traballadoras que o realizan teñen exactamente o mesmo de dereito a recibir os seus salarios que calquera outra persoa traballadora do Concello e mesmo que o propio
alcalde.


Por iso, a CIG esixe unha solución definitiva a esta problemática, como sería recuperar a xestión directa deste servizo, xa que ademais de resultar economicamente máis barata para o Concello, remataría dunha vez cos atrasos no pago dos soldos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos