12.8 C
Santa Comba
jueves, mayo 23, 2024

O BNG reivindica a ampliación da autovía da Costa da Morte

Dirixentes do BNG da Costa da Morte promoveron unha concentración en Berdoias-Vimianzo para reivindicar a ampliación da Autovía da Costa da Morte.

Entre eles estaba o deputado no Parlamento Galego, Oscar Insua; o Alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez “Drok”, e o responsable comarcal do BNG, Xurxo Rodríguez.

Piden que se liciten as obras de ampliación e que “o goberno galego aclare se vai a realizar o contrato para executar a fase da autovía AG-55 entre Salto e Berdoias, ademais de cantos quilómetros van a realizar cos 2 millóns de euros orzamentados”.

Tamén queren saber se hai previsión de incorporar unha conexión co polígono industrial de Vimianzo.

Iniciativas parlamentarias

Oscar Insua preguntará sobre esta cuestión no Parlamento de Galicia a vindeira semana. “A primeira iniciativa presentada no Parlamento Galego foi para que se licite xa o tramo de autovía entre Salto e Berdoias” explicou o parlamentario corcubionés.

Criticou ao goberno do PP pola súa falta de compromiso con esta infraestrutura: “Levamos por tanto, oito anos, dúas lexislaturas de gobernos do PP, sen construír un só metro desta vía de alta capacidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos