8.1 C
Santa Comba
jueves, mayo 16, 2024

Muiñada en Vimianzo con Xosé Lois Romero & Aliboria, Alana, Mondra e As Lagharteiras

VIII Muiñada en Vimianzo o 21 e 22 de outubro.

Vimianzo celebrará a VIII edición da súa Muiñada os vindeiros 21 e 22 de outubro. Esta semana
presentábase o cartel oficial do evento, no Muíño da Agra, por parte da alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Pazos; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; Manuel Rial, da AC Cherinkas, coorganizadores do evento; Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, do grupo de música Alana; e Sonia Amigo, da AC Trubiquiña.

Xa están confirmadas as actuación de Xosé Lois Romero & Aliboria; Alana, nun dos seus concertos presentación en sociedade e que ademais presenta un vimiancés nas súas filas; Mondra e As Lagharteiras.

“Unha antropofesta moi nosa”

As entradas poden adquirirse en www.woutick.es e están dispoñibles tanto abonos como billetes individuais, para asistir a concertos por separado. Tamén é posible adquirir boletos as opción gastronómicas como a cea ou os petiscos.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer “o intenso traballo da Asociación Cultural Cherinkas por facer posible durante 8 anos a Muiñada de Vimianzo, unha antropofesta moi nosa, e polo tanto, moi especial”. Tamén loou a implicación “da Deputación da Coruña, a través da área de Cultura, por implicarse na reivindicación dos muíños como lugares singulares da sociedade galega”.

Fonte Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos