6.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 8, 2024

Novos datos sobre o hospital de peregrinos de Buño na Vía Céltica

Un documento de 1594 revela que a puxanza da olaría gardaba relación coa existencia dun camiño francés de Malpica a Santiago

A Asociación Costavales e o Concello de Malpica veñen de anunciar a descuberta de novos datos históricos sobre a ermida e hospital de peregrinos de Buño así como “a referencia documental máis antiga ata o de agora coñecida sobre a olaría nesta localidade, que nun informe da igrexa do 1594 se explica pola existencia dun camiño francés procedente de Malpica”.


Segundo informan “a descuberta produciuse como parte dos traballos de investigación para a elaboración dunha Guía do Camiño de Santiago en Malpica, que será publicada nos próximos meses, ao mesmo tempo que se finaliza a primeira sinalización dos itinerarios da Vía Céltica polo concello bergantiñán”.


No Arquivo da Catedral de Santiago


Esta referencia está conservada “no Arquivo da Catedral de Santiago como parte dun mazo documental extenso e sen catalogar”.

O documento, encargado orixinalmente pola igrexa compostelana para averiguar as rendas que debían cobrarse en varios arciprestrados, revela que mentres metade da poboación da parroquia de Santo Estevo de Buño eran labregos, a outra metade, isto é, 12 feligreses, eran oleiros, sapateiros e cesteiros, o que se explica “por ser camino françes do[nde] es hestilo y costumbre de hazer las dichas ollas y los dichos ofiçios”.


O Hospital


Nas referencias tamén se sinala que “hai una hermita a que llaman Hespital de la abocaçion de la Señora santa Cathalina, que haora esta la dicha hermita y capilla cayda en partes y desbaratada, lo que no solia ser.”


Se ben os veciños de Buño de finais do século XVI admiten que “el que la levanto y prinçipio no saven quien fue”, sí lembraban cómo no no pasado chegara a “aver camas de ropa y aora no hai ninguna”.


A investigación aínda non permitiu coñecer as orixes nen o momento de fundación do hospital pero sí o progresivo esquecemento no que foi caendo.


Para a Asociación Costavales, este vello hospital, xunto cos de Carboeiro e Castriz, son unha peza chave para recuperar a historia da ruta xacobea desde os portos de Bergantiños a Santiago, recoñecida oficialmente pola Catedral de Santiago en 2021.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos