8.4 C
Santa Comba
jueves, marzo 7, 2024

Resposta de Iago Toba ás críticas do PP

O Partido Popular de Muxía criticou que o goberno local non solicitada as axudas en material de política social da Xunta.


O alcalde de Muxía, Iago Toba, lamentou que os populares de Muxía estean máis pendentes de defender á Xunta de Galicia que de axudar ao seu municipio e pregúntalle á portavoz do PP, Sandra Vilela “se é coñecedora do primeiro ofrecemento destes terreos por parte do Concello, porque parece ser que non”.


O mandatario asegura que “o ofrecemento dos terreos para construír un Centro de Día segue en pé, a pesar de que a Xunta leva tres anos sen emitir resposta algunha.

SEGUE A ACTUALIDADE POLÍTICA E ELECTORAL NA NOSA CANLE DE TELEGRAM https://t.me/adiantediario


“Demostra moita ousadía e descoñecemento pedir unha inversión que nin se quera lle corresponde á administración local, cando é a Xunta de Galicia a que ten que financiar o 100% destas instalacións, pero parece ser que a señora Vilela non está ao tanto”, destaca Toba.


Tamén manifesta Toba que “o Concello de Muxía está a cumprir cunha tarefa, por responsabilidade e dignidade, como é pagar o Servizo de Axuda a Domicilio para os maiores que lle corresponde a Xunta e tería que estar ao cargo da administración autonómica popular”.


E engadiu Toba: “A semana pasada o PP de Muxía estivo defendendo as inxustizas que comete Portos contra os muxiáns e esta semana está esixíndolle aos muxiáns que paguen o que non lle pertence”.

O alcalde de Muxía foi o protagonista da TRENCHA fai uns días

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos