10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 24, 2023

Gran Tractorada de Reis en Mazaricos

A Gran Tractorada de Reis encherá de cor e ilusión Mazaricos mañá pola tarde


• A tractorada pecorrerá as rúas da Picota dende as 5 da tarde.


• Ao remate celebrarse unha recepción e reparto de agasallos no recinto feiral.


Os Reis Magos volven mañá, xoves 5 de xaneiro, para traer ilusión, alegría e agasallos a todas as nenas e nenos de Mazaricos. As rúas da Picota acollen dende as 17h a Gran Tractorada de Reis, un evento co que as súas Maxestades de Oriente poñen o broche a unha completa programación de Nadal reivindicando o carácter rural de Mazaricos.


Posteriormente, celebrarase no recinto feiral unha recepción e reparto de agasallos entre todas as nenas e nenos asistentes por parte dos Reis Magos e os seus axudantes.
Con esta tractorada, remata unha programación de Nadal marcada polo retorno á normalidade tras dúas edicións condicionadas pola pandemia. Neste Nadal mazaricán houbo eventos para toda a familia e todos os gustos, incluíndo circo, teatro, un concerto de aninovo ou un baile dos maiores. Tamén se recuperou a Carreira do Leite e mais o Brinde Leiteiro.

Nota de prensa do Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos