11.6 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

Percorrido da Cabalgata dos Reis Magos en Vimianzo


• O itinerario da cabalgata partirá ás 10:00 horas da residencia de maiores DomusVi da localidade para, cada media hora, visitar as 14 parroquias do municipio


• A recepción real está programada para ás 20:00 horas na praza do Concello, a cal acollerá unha festa infantil de 17:30 a 19:30 horas


O Concello de Vimianzo xa ten todo preparado para darlle a benvida ás Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, este xoves 5 de xaneiro.


Como en anos anteriores, a cabalgata volverá pasar polas parroquias do municipio soneirán para que “ninguén quede sen a oportunidade de vela”, destaca a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.


Se ben os horarios son estimados, a continuación detallamos os lugares que visitarán as Súas Maxestades desde as 10:00 horas cun período de tempo de 30 minutos entre cada parada: residencia de maiores DomusVi (10:00 horas), salón parroquial de Salto, a escola de Bamiro, a escola de Tines, o campo da festa de Treos, a praza de Serramo, a praza do Outeiro de Baíñas, a igrexa de Castrelo e a de Berdoias, a praza de Carnés, a praza da igrexa de Cereixo, a escola de Carantoña e a de Pasarela (Calo) e a igrexa de Cambeda. Estímase que a cabalgata chegue ao núcleo de Vimianzo sobre as 19:00 horas cunha parada na vivenda comunitaria e un posterior percorrido pola vila.


A recepción real está programada para ás 20:00 horas na praza do Concello, a cal acollerá unha festa infantil de 17:30 a 19:30 horas.


Desde o Concello agardan que tanto maiores como pequenos desfruten un percorrido cargado “de maxia e ilusión, elementos que nunca debemos perder independentemente da idade que teñamos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos