A Casa dos Veciños do Couto acolleu o acto de presentación da xunta xestora do Partido Popular en Ponteceso.
Ou a entrega oficial do timón popular ao empresario José Manuel Mato que será o aspirante a alcaldía, nun concello que nos últimos foi noticia pola crispación política e onde os populares foron perdendo peso.
Deixar a un lado a división
E precisamente a mensaxe de Mato foi conciliadora:“Chegou o momento de que en Ponteceso se deixen de lado os bandos e a división, é momento de recuperar a xestión e devolver a normalidade ao día ao día do municipio e da vida dos veciños”.
Considera que hai que dar solucións e non repartir acusacións:“Os veciños están cansados de acusacións que non levan a ningunha parte. A xente necesita un goberno que non cause problemas, que xestione e que solucione as necesidades que existen no Concello”.
Estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, que ten boas vibracións electorais: “Estou seguro de que Mato será o próximo alcalde de Ponteceso. E o será porque coñece á perfección este municipio, leva moitos anos traballando aquí, estivo sempre preto da xente e basta darse unha volta polo Concello para escoitar o que a xente o quere e o respecta”.
Tamén estiveron arroupando a Mato na súa posta de longo o vicesecretario de Organización popular, Miguel Tellado, o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, secretario xeral provincial dos populares, Evaristo Ben, e a vicesecretaria e conselleira Ethel Vázquez.