9.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Mazaricos acolleu o Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal

Arredor de 80 persoas asistiron hoxe á celebración do primeiro Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal en Mazaricos, que comezou cunha xornada na Casa de Cultura e rematou cunha ofrenda floral no monumento do monte veciñal de Eirón. Nos actos interveu o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e os fillos do veciño de Eirón  Xosé Esperante, Che de Pedro, morto en 1963 nos enfrontamentos en defensa do monte comunal. 

A conmemoración desta data recoñece o papel que moitos homes e mulleres desenvolveron ao longo da historia na defensa da propiedade comunitaria, dos montes veciñais en man común dende hai xeracións.  Os actos foron organizados pola Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común e o Instituto  Galego de Terras Comunitarias. Ao remate do acto plantáronse dous carballos como homenaxe. 

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos