O alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, valorou as achegas “razonables” plantexadas por grupos como o PSdeG, BNG e Contigo Coristanco. Por exemplo, as referidas ao Plan de Obras por parte dos socialistas, as relacionadas co Chan das Embarradas ou co premio “Contorna e Harmonía” do BNG ou con distintas cuestión formuladas por Contigo Coristanco.
«A velocidade de cruceiro que necesitaba Coristanco»
Está convencido que “os veciños van valorar a cada un polas súas aportacións e polo traballo feito” e sente “pena” polo feito de que “se fíe a estratexia política a intentar bloquear ou poñer dificultades. É tempo que se perde e non se recupera”.
En declaracións a emisora Radio Xallas, o mandatario popular pensa que o 2021 foi “un ano intenso e positivo para coller a velocidade de cruceiro que necesitaba Coristanco”.
Agradeceu tamén o traballo do personal:”Fíxose un esforzo para dar pasos en urbanismo, poñer ao día a contratación, en modernizar determinadas infraestruturas como A Rocheira, nos colexios e nas unitarias, e trazando novos proxectos. Traballouse moito”.
Importante volume de contratación
Juan García destacou que “Coristanco foi o concello despois de Carballo que máis obra contratou de toda a Costa da Morte.Había un atraso moi importante desde o ano 2014 pero hoxe podemos dicir que Coristanco non ten nada pendente de contratar por causas imputables ao concello”.
Neste balance puxo en valor os vances no Polígono industrial “que era algo imprescindible”, que se encontra á espera da contratación da redacción do proxecto.
E tamén os investimentos de “máis de 700.000 euros” para melloras no C.P.I. Xosé Pichel ou os destinados á modernización de ETAP que se executarán neste ano.
Sobre distintas cuestión falou nesta entrevista desde o minuto 63