9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Licitación da redacción do proxecto do polígono industrial de Coristanco este trimestre

A Xunta licitará no primeiro trimestre deste ano a redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) do futuro parque empresarial de Coristanco. Trátase dun ámbito que estará localizado no enlace entre as estradas AC-552 e AG-55, na parroquia de Oca.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada polo director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, mantivo unha reunión co alcalde, Juan Carlos García Pose, na que analizaron a demanda de solo por parte do tecido empresarial de Coristanco.

A conselleira recordou que esta actuación, que conta co plan de viabilidade, está incorporada no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, polo que era determinante confirmar a demanda existente por parte de empresas interesadas en asentarse, co fin de dimensionar as fases do mesmo.

Segundo un informe realizado polo Concello, a demanda inicial estimase nuns 40.000 m2, distribuídos en parcelas de mediano e pequeno tamaño. Así, tendo en conta a necesidade de solo para espazos comúns, vías e servizos xerais, vese necesario habilitar un ámbito duns 60.000 m2.

A conselleira felicitou ao rexedor local polo traballo de análise e valoración realizado, no que contou co apoio do equipo directivo e técnico do IGVS, e que hoxe lle permite xustificar unha necesidade real e ponderada á realidade.

Por último, a conselleira recordou que o Goberno galego prevé nas contas de 2022 unha partida de 27 millóns de euros para levar a cabo trámites, actuacións e obras co fin de reforzar o potencial dos parques empresariais galegos.

Fonte- Xunta de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos