Dúas persoas, un home e un menor de idade, resultaron feridas despois de chocar dous vehículos en Teo, na estrada comarcal AC-841 á altura do lugar de Pontevea.
Os operadores do 112 Galicia foron coñecedores dos feitos, arredor das cinco e cuarto da tarde, mediante a chamada do persoal sanitario. A partir de aí, notificáronlle os datos á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Santiago, ao GES da Estrada e a Protección Civil da localidade. Ademais, tamén se lle brindou a información ao persoal de mantemento da vía e ao Centro de Xestión de Tráfico.Desde o lugar, os membros de Protección Civil de Teo confirmáronlle ao 112 que as dúas persoas ían ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.
AXEGA 112