5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Lete Lasa:“A canle de augas bravas no río Xallas leva tempo nas nosas previsións»

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe unha reunión de traballo con representantes do Concello de Dumbría e do Club de Piragüismo Dumbría de cara a explorar novas vías de colaboración no municipio fisterrá. Nesta xuntanza, ambas partes avanzaron na posibilidade de levar a cabo unha canle de augas bravas no río Xallas para o que chegaron a un principio de acordo.

O mandatario galego reiterou o seu compromiso e expresou a súa satisfacción por poder dar continuidade ao traballo iniciado na tempada 2014-2015 cun achegamento previo para coñecer a realidade do terreo onde se prevé instalar a canle. “A canle de augas bravas no río Xallas leva tempo nas nosas previsións e parece que agora danse as circunstancias para poder acometela”, declarou.

Lete Lasa destacou deste xeito a aposta da Xunta de Galicia ao piragüismo galego e á súa federación coa que vén de asinar o convenio de colaboración para 2022 por un importe de 365.000 euros que representa un incremento do 10% con respecto ao ano pasado e o convenio para o mantemento de Verducido cun orzamento de 120.000 euros que tamén sobe un 4,3%. Sumadas as dúas contías, 2022 será con 485.000 euros o ano que a Federación Galega de Piragüismo reciba maior orzamento de toda a serie histórica e cómpre resaltar tamén que se trata da federación que máis cartos recibe da Xunta.

Ademais de todos os éxitos acadados no piragüismo en pista, Lete Lasa lembrou que Galicia conta con grandes deportistas en slalom como Ainhoa Lameiro ou Luis Fernández (subcampións mundiais en 2019) e que o Centro Galego de Tecnificación Deportiva conta con cinco deportistas de augas bravas.

Fonte- Nota de prensa Xunta de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos