8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Camión de porcos envorcado en Zas

no concello coruñés de Zas, as condicións da estrada tamén contribuíron para provocar un accidente. Esta vez, un camión que transportaba porcos saíuse da vía na estrada que une as localidades da Piolla e Zas sen que ningunha persoa resultara ferida.

Segundo a información facilitada ás 12:30 horas pola persoa que chamou ao 112 Galicia, ao darse conta de que perdera o control do vehículo por mor do xeo, o condutor abandonou o camión, que rematou envorcado nunha leira. Tras o impacto, algúns dos animais terminaron fugándose.

Así, para restablecer as condicións de seguridade na vía, ata o lugar dos feitos desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén os efectivos de Protección Civil de Zas.

Info- AXEGA 112

FOTO-FUNE URES

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos