9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Rescatan ao condutor dun turismo que se precipitou ao río Tapia tras saírse da vía en Santa Comba

INFO-AXEGA 112

O condutor –e único ocupante- dun turismo necesitou a axuda dos Bombeiros de Santa Comba para abandonar o seu vehículo despois de sufrir unha saída de vía na estrada de San Cristovo e caer ao río Tapia, no termo municipal coruñés de Santa Comba.Unha vez liberado, o home foi evacuado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, tras o accidente, o vehículo foi arrastrado pola forza da auga e atopábase parcialmente somerxido. De feito, testemuñas do suceso afirmaron que o condutor estaba liberado pero, non era quen de abandonar o vehículo por culpa da intensidade da corrente fluvial nese momento.

De feito, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento tiveron que empregar cordas para axudar o home a saír do turismo sinistrado.

Todo ocorreu ao fío das 10:30 horas da mañá de hoxe na parroquia de Mallón cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta do sucedido. Axiña, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.

Tras finalizar o operativo de rescate, os servizos de emerxencia trataron de restablecer as condicións de seguridade no punto e xestionar a retirada do vehículo precipitado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos