Audio entrevista a Rubén Lorenzo
O carballés Rubén Lorenzo Gómez é un dos membros da candidatura do Partido Popular. Está convencido de que será positivo para a comarca a continuidade do Partido Popular:”Agora que estou no equipo, cónstame que o compromiso de Núñez Feijóo coa Costa da Morte é firme”.
Pero tamén lembra que nos últimos anos houbo distintos investimentos en toda a zona. Puxo como exemploas as sendas peonís ou a autovía da Costa da Morte.
Chamamento á participación
Salientou que Núñez Feijóo e o Partido Popular ofrecen “experiencia, xestión e certezas” e lembrou que “Feijóo demostrou tanto na crise de 2009 candoe entrou como na crise sanitaria, que sacou Galicia adiante”.
Rubén Lorenzo asegura que “é moi importante que a xente vaia a votar” polo que está en xogo e porque “en ningún momento foi máis seguro votar” e neste senso a mensaxe para este domingo electoral é de “tranquilidade absoluta”.
Lorenzo tamén interviu no mitin de Carballo fai uns días xunto co líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.