Andaina Amiga, Charla Benestar Animal, Festas na Pereira, Cea Popular en Castriz e Santa Comba Máxica
Andaina Amiga
Este vindeiro 1 de amigo a asociación Unha amiga, Unha Aperta organiza unha “Andaina Amiga” de dez kilómetros de percorrido que sairá desde o centro sociocultural de Santa Comba.
Haberá sorteos de premios donados por Deportes Alvite, Café bar Lattexa, As Mari Pepas, A Frutería, e Namasté. Inscrición gratuita 628 17 56 15 – 663 72 89 68.
Charla Benestar Animal
XEA Protección Animal, Cenvet e o concello de Santa Comba organiza unha charla sobre abandono, maltrato e a nova lei de benestar animal.
Será o venres 10 de maio no auditorio do Multiusos desde as 19:30h. Sortearán entre os asistentes seis meses de alimentación “da túa mascota”.
Festas na Pereira
O domingo 12 de maio A Pereira celebra unha festa na honra da Virxe do Carme. Misa as 13:00h, procesión e sesión vermú co Trío Alborada.
Cea popular en Castriz
O sábado 11 de maio cea popular en Castriz, con pulpo, churrasco e música con Judith Cundíns e disco móvil CDC con DJ Chicho. Haberá sorteos.
Podes adquirir o ticket ata o 9 de maio en Neumáticos Martín, Laura Suárez, Bar Cataliño, Igrexa de San Pedro de Castriz ou contactando coa comisión de festas.
Santa Comba Máxica
Lembramos que o venres 3 e o sábado 4 de maio desenvolveranse diferentes actividades de Santa Comba Máxica. Toda a info aquí.

