12.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Néstor Rego pensa que as eleccións son “unha oportunidade que non debemos desaproveitar”

O deputado no Congreso, Néstor Rego visitou a comarca de Soneira para manter varios encontros.

Desde a sintonía de Radio Xallas asegurou que as eleccións do vindeiro 12 de xullo son “unha oportunidade que non debemos desaproveitar para deixar atrás a década negra de Feijóo” e abrir unha nova etapa “cun goberno liderado por unha persoa seria, rigurosa e coa determinación política para sacar as cousas adiante como Ana Pontón”.

Con respecto á visita, Rego escoitou en Camelle as demandas das confrarías de Camelle e Camariñas e a marxe de “cuestións concretas” quedou reflectida a “limitación para poder pescar” da flota galega e que os repartos de cota para a sardiña e a xarda que “se fixeron en Madrid” prexudicaron a Galicia.

Fortalecer a sanidade

Tamén se entrevistou co colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita. Lembrou que pandemia “puxo en evidencia que é necesario fortalecer a sanidade publica destinando máis recursos e máis persoal».E ademais en Vimianzo, mantivo unha xuntanza con representantes da plataforma  que reclama a mellora da vía que enlace Bamiro(Vimianzo) e tamén se interesou pola necesaria conexión da autovía co Polígono.

Néstor Rego pensa que recolleu «demandas xustas» e que a chave está «nun goberno coas mans libres que non dependa do que lle figan en Madrid»

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos