6.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Feijóo en Carballo:”Non hai ningunha maioría absoluta asegurada”

O candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, insistiu en Carballo que “todo está preparado pero nada está decidido” e aínda que as enquisas son favorables ao PP “non hai ningunha maioría absoluta asegurada”.

Pediu o voto na capital de Bergantiños para non “hipotecar o futuro de Galicia” e porque “quero ser o voso presidente catro anos máis” deixando claro que “non le presento para derrotar a ninguén senón para que Galicia gañe”.

Na súa intervención fixo balance da súa xestión nunha Galicia que é “a comunidade autónoma con máis profesores por alumnos de taxas universitarias mas baratas de España durante 11 anos consecutivos”.

Feijóo dixo :”Cando chegamos ao goberno habíaa 14.000 maiores cobrando a Lei de Dependencia  e agra hai 61.000”. Destacou aademais que “temos o dobre de prazas en garderías, un 70% máis de cota pesqueira e somos o oitavo produtor de leite de toda Europa”.

Tamén se referiu a construción de dúas escolas infantís en Carballo, a máis de 3,5 millóns de euros en investimentos en centro educativos, ou na autovía da Costa da Morte que chegará a Vimianzo. Citou a Circunvalación de Carballo e o Parador de Turismo de Muxía:”O PSOE abriuno pero pagámolo nós”.

O primeiro en intervir no mitin foi o candidato bergantiñán, Rubén Lorenzo:”Galicia máis ca nunca necesita experiencia e non experimentos. Feijóo é necesario para Carballo”.

O presidente provincial e tamén candidato, Diego Calvo afirmou:”Hai dúas opcións. Entre un líder sólido e consolidado ou unha récua de partidos que aínda hoxe non teñen un líder e a única preocupación é que Feijóo non estea na Xunta”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos