Desde a candidatura que encabeza Alberto Romar para liderar a asociación de empresarios, solicitaron a este medio publicar esta nota na que rexeitan participar na entrevista de Radio Xallas e explican a súa postura. Respostamos afirmativamente a petición e publicamos esta nota.
COMUNICADO ALBERTO ROMAR
Agradecemos a deferencia con esta candidatura en relación á invitación efectuada dende a Radio Local.
A nosa candidatura vese na obriga de declinar dita invitación, previa ás eleccións, por respeto a tòdolos Asociados ; entendemos que o noso proxecto, moi ambicioso por certo, debe de ser transmitido únicamente aos Asociados, e non debe de transcender ao público en xeral, considerando unha falta de respeto aos mesmos buscar enfrentamentos ou declaracións morbosas.
En relaciòn ás publicacións residuais e carentes de sentido e contido veraz vertidas sobre a nosa candidatura, reseñar que é unha sinal de identidade da nosa formación priorizar os feitos sobre a verba.
Transcurridas as elecciòns que se celebrarán o vindeiro martes 21 de xullo no Multiusos de Santa Comba, independentemente do resultado acadado , este servidor porase a disposiciòn de tòdolos medios.Sen máis dilación dar as gracias a tòdolos Asociados que nos estàn recibindo cos brazos abertos.