8.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Mazaricos tínguese de verde no Día Mundial contra a ELA

Campaña en colaboración con Agaela (Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica)

Desde o sábado pola noite ata o luns pola mañá, a Casa do Concello e as igrexas parroquiais de Mazaricos están iluminadas de verde. Esta acción está enmarcada na campaña #LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de todo o Estado se iluminan en verde co obxectivo de facer visible a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que atravesan no día a día. A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta a 4000 persoas no Estado. 

A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Sandra Alvite, afirmou que “é un xeito de visibilizar este tipo de enfermidades e concienciar á poboación sobre cuestións como que un paciente con ELA precisa atención 24 horas ao día ou que o custo anual desta atención ascende a preto de 40.000 euros ao ano, dos cales só o 10% está cuberto polo sistema público”. 

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos