14.7 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

José Ramón Recarey:”Son momentos críticos nos que sentes morriña da túa xente e da túa terra”

O artista de Castriz aconsella aos veciños de Santa Comba e outras localidades que «queden nas súas casas» e e «cumpran todas as medidas».

//Xosé Manuel Lema// @xmlema

Algunhas das cancións que interpreta soan diariamente en Radio Xallas.José Ramón Recarey, vive e traballa na metrópole reloxeira de Biel- Bienne, unha cidade  do cantón de Berna, que conta cunha importante representación de veciños nosos de Santa Comba,Cee, Carballo, Camariñas, Negreira ou Laxe.Desde alí aténdenos. 

“Son momentos críticos por non saber como vai a terminar isto e sobre todo tamén sentir máis morriña se cabe, da miña  terra e da miña  xente especialmente a familia” dinos.

Actuación tardía e caso omiso dos consellos

A súa preocupación xustifícase na xestión que se está facendo do coronavirus e no seguimento, en casos, dos consellos:”A miña forma de ver  estase actuando tarde en base a tomar decisións por parte dos gobernos e por outra parte aínda existe moita xente que fai caso omiso as recomendacions do goberno”.

Mensaxe para a comarca de Xallas

Recarey pide aos seus paisanos da comarca de Xallas e ás persoas en xeral “que  cumpran con todas as medidas e principalmente que queden  nas  súas casas. Iso  é ou  mellor que podemos  facer  nestes momentos de epidemia”.

Non se esquece das situacións que se están vivindo coa perda de seres queridos.” Xa  é doloroso perder a un familiar  ou un amigo en  condicións normais e non quero nin pensar toda a dor que se ten que pasar perdendo a alguén  nestes momentos sen poder darlle ou último adeus”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos