6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

UGPOL pide unha xuntanza co alcalde de Ponteceso para que rectifique o seu odio á Policía Local

”UGPOL insta pola prevención viaria, retirar das vías públicas aos condutores drogados, temerarios, alcoholizados e neste caso cremos que a educación viaria debe comezar polo propio alcalde de Ponteceso. Polo tanto solicitamos unha reunión urxente co alcalde de Ponteceso aos efectos didácticos e docentes que cremos que precisa»

Críticas de García Carballido

Non sentaron ben unhas declaracións  do alcalde de Ponteceso nas que criticaba o “afán recadatorio” da Policía Local e aseguraba que é un dos servizos que máis queixas veciñais suscita”, polo que se amosou disposto a mellorar este departamento.

“Ao mellor é que os veciños de Ponteceso son parvos e non saben aparcar” afirmou Lois García Carballido en plan irónico para explicar que no seu concello poríanse o triplo de multas que noutros municipios.”Aquí debe de haber moito Fernando Alonso” bromeaba o rexedor socialista, que non aforraba mensaxes cara os axentes do corpo local:”Sacan a foto e marchan correndo para recadar en multas”.

Educación viaria para o alcalde de Ponteceso

Estas declaracións obtiveron a resposta da Unión Galega de Policías Locais que solicita unha entrevista con García Carballido “aos efectos didácticos e docentes que cremos que precisa”. Nun comunicado manifestan:”UGPOL insta pola prevención viaria, retirar das vías públicas aos condutores drogados, temerarios, alcoholizados e neste caso cremos que a educación viaria debe comezar polo propio alcalde de Ponteceso”.

“O PSOE quere baixar o soldo á Policía Local”

Desde UGPOL indican que “O PSOE como goberno de esquerdas quere baixar o soldo á Policía Local e o argumento é que a Policía traballa”. Ademais aclaran que os policías locais “non cobra nin sanciona”, e é o alcalde o que ten esa competencia.

Tamén lembran que as multas non son impostos e se, como afirmou o alcalde, non hai sitio para aparcar no centro de Ponteceso é exclusivamente culpa do goberno local.

Consideran que coas súas declaracións o rexedor quere impulsar unha folga para que os axentes da Policía Local non cumpran coas súas funcións e algún veciños teñan “patente de corso”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos