8.1 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Unha persoa trasladada despois dun incendio nunha vivenda en Carballo

Unha persoa tivo que ser trasladada por inhalación de fume ao Punto de Atención Continuada de Carballo despois de producirse un incendio nunha vivenda da localidade. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, un matrimonio e a súa filla quedaron atrapados no interior da casa tras declararse o lume e foron rescatados pola Policía Local.

O incendio, que se rexistrou na terraza cuberta da vivenda, calcinou varios electrodomésticos e unha lareira que había na estancia.Os feitos ocorreron no lugar da Brea, ás 16:00 horas. Nese momento o 112 Galicia recibía a alerta do incendio a través dun particular. Indicaba que saía fume do tellado da casa.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Carballo, da Garda Civil, de Protección Civil e do 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencias sufocaron o lume e arrefriaron a zona afectada.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos