6.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

A Lei de Saúde suporá unha mellor atención no Virxe da Xunqueira segundo o PP

Aurelio Núñez asegura que a lei blinda un hospital “que resulta fundamental para esta comarca”.

O deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno está convencido de que a futura reforma da Lei de Saúde, que aínda é un anteproxecto, será beneficiosa para a zona coa creación do distrito sanitario da Costa da Morte.

“O obxectivo da reforma é achegar a atención ao domicilio do paciente, que os hospitais estean máis preto da xente, non que os veciños teñan que achegarse aos centros” asegurou Núñez nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por voceiros e representantes municipais dos concellos de Camariñas, Vimianzo, Muxía, Dumbría, Cee e Fisterra.

Núñez fixo fincapé tamén en que a reforma da Lei de Saúde permitirá consolidar na área sanitaria da Costa da Morte o modelo das Estruturas Organizativa de Xestión Integrada (EOXI), que desde o ano 2012 evitou que case 11.000 pacientes tivesen que viaxar ata a cidade da Coruña para ser atendidos.

Hospital Virxe da Xunqueira

O deputado do PP destacou os investimentos da Xunta no hospital Virxe da Xunqueira, uns 949.213 euros desde o ano 2012, que permitiron “mellorar e potenciar o servizo de radioloxía e mamografía, así como para renovar e incrementar o equipamento do centro”.

“Os datos reflicten de xeito evidente o firme compromiso da Xunta para manter e mellorar un hospital que resulta fundamental para esta comarca” asegurou Núñez Centeno, que destacou que o número de consultas atendidas en endocrinoloxía e rehabilitación ata o primeiro semestre deste ano superou xa a barreira das 13.154. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos