14.8 C
Santa Comba
domingo, diciembre 10, 2023

Evaristo Ben está convencido de que o PP recuperará a forza perdida na Costa da Morte

Asegura que os “experimentos” dos concellos de Cee e Fisterra supuxeron un retroceso nos respectivos territorios.

O vicesecretario xeral de Organización e Territorio do Partido Popular provincial, Evaristo Ben, mantivo unha xuntanza en Vimianzo con representantes do partido nos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas.

Ben Otero está convencido de que o PP “recuperará o peso político perdido na Costa da Morte”, onde non ten ningunha alcaldía e incluso perdeu un representante da Deputación provincial.

Lembrou que o PP xa sabe o que é gobernar, citando os casos dos concellos de Fisterra e Cee nos que “os experimentos actuais dos seus executivos locais só conseguiron que os seus municipios retrocedan e que os seus veciños teñan menos posibilidades de prosperar”.Evaristo Ben dixo que aspiraba a recuperar estes concellos pero tamén a gañar nos outros da comarca.

Mensaxe mobilizadora de Evaristo Ben 

“Temos por diante un curso político no que o traballo que fagamos será clave para o resultado que logremos na próxima cita coas urnas” afirmou Ben que insistiu na necesidade de que nos distintos municipios comencen a presentarse equipos de proxectos que xeren ilusión e sexan aglutinadores.

“Quédannos menos de dous anos para seguir escoitando aos veciños e para estar a pé de rúa. O reto que temos por diante é duro, pero seremos capaces de alcanzalo se traballamos xuntos e mirando nunha mesma dirección” manifestou Evaristo Ben.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos