11.6 C
Santa Comba
domingo, mayo 19, 2024

Novas accións promocionais da Costa da Morte

O GDR Costa da Morte e a CMAT presentaron un mapa-guía e un vídeo promocional da comarca.

As Torres do Allo acolleron a presentación dunhas novas accións promocionais da Costa da Morte. Un mapa guía e un vídeo que sen dúbida serán boas ferramentas para seguir dando a coñecer a bisbarra.

O acto contou coa presenza dos presidentes do GDR e do CMAT, Manuel Muíño e Juan Blanco, a súa vez alcaldes de Zas e Mazaricos, e dun representante da empresa Galo publicidade, que se encargou de realizar o material.Tamén asistiron o vicepresidente do GDR, Francisco Javier González Trillo e os alcaldes de Malpica, A Laracha, e Vimianzo.

O presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño Espasandín, destacou o traballo desenvolvido que non poido estar antes do verán por distintos motivos pero expresou a súa confianza de que “sexa algo que quede é permaneza”.Pola súa banda, Juan Blanco, incidiu neste “esforzo de promoción conxunta” para poder “buscar todos o mesmo enfoque e o mesmo camiño” e salientou que este material promocional “presenta os nosos valores”.O alcalde de Vimianzo,Manuel Antelo, parabenizou aos impulsores do proxecto polo traballo e por dar “a oportunidade” de participar aos concellos na elaboración das guías.

Son dazasete mapas-guías, un por cada concello. Nunha parte encóntrase a información sobre puntos de interese, festas, paisaxes e patrimonio de cada municipio e despois hai unha parte cun mapa comarcal onde se localizan distintos recursos da Costa da Morte, con varias fotos e un código QR para ampliar a información.

Estas publicacións tamén se poden descargar en internet.Con respecto ao vídeo segundo a empresa de comunicación que o fixo “é unha reportaxe e ao mesmo tempo un spot da comarca”, que en tres minutos recolle distinas paraxes. Estas accións estanse a difundir tamén nas redes sociais.

Os concellos que participan nesta iniciativa son: Dumbría, Fisterra, Cee, Corcubión, Muxía,Zas, Vimianzo, Camariñas, Mazaricos, Laxe, Cabana, Malpica, Coristanco, Ponteceso, A Laracha, Carballo e Carnota.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos