10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

MOVENEDA denuncia deficiencias na colocación de marquesiñas

Cristóbal Mourín//

O Movemento Veciñal de Neda denuncia nun comunicado que os traballos de colocación dalgunhas marquesiñas no concello “son deficientes e chapuceiros”. Acusan ao concelleiro-responsable de área de “deixación da súa función” e esixen ao alcalde Ángel Alvariño “a revisión concienciuda dos traballos” e que denuncie outras deficiencias que poida haber esixindo á empresa adxudicataria a corrección das mesmas.

“Non poden volver a acontecer erros como na reparación do tellado do Polideportivo, onde a dilacións inxustificadas provocaron que o Concello non puidese reclamarlle á empresa adxudicataria a reparación dun traballo chapuceiro nin a fianza” aseguran desde MOVENEDA.

Desde este grupo aluden a colocación de novas marquesiñas que presentaban un lamentable estado “tras a desastrosa xestión dos gobernos de Ignacio Cabezón”. Lamentan que o número de marquesiñas substituídas só foran once.

“Non podemos máis que sorprendernos pola gran  incapacidade que amosou o goberno tripartito durante case catro anos para sacar adiante esta e outras tarefas. E o retraso desta, xa era especialmente preocupante” afirman, ao tempo que recriminan a falta de “vontade real de diálogo” o goberno de Neda.

Segundo MOVENEDA, no último pleno o goberno “non puido explicar claramente nin os criterios que seguen para escoller cales se cambian, nin xustificar a redución do número a 11”.

No mesmo comunicado de prensa, os dous concelleiros da candidatura veciñal denuncian que o goberno tripartito de Neda lle nega o acceso a documentación e información e indican  que recorreron en dúas ocasión á Valedora do Pobo.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos