5962 fans     1557 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

A Laracha adhírese ao pacto do clima e ao proxecto Anllóns

A Laracha adhírese ao pacto do clima e ao proxecto Anllóns

Costa da Morte | Publicada: 31/01/2019

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 41 segundos.

No Pleno ordinario celebrado hoxe a maior parte das iniciativas elevadas á sesión polo grupo de goberno local foron aprobadas por unanimidade dos tres grupos presentes –ausentouse o único representante do grupo mixto-.

Así, houbo acordo pleno para formalizar a adhesión do Concello da Laracha ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada pola Comisión Europea co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns nun compromiso para reducir as emisións de CO2 nun mínimo do corenta por cento de aquí a 2030, levando a cabo medidas que se aplicarán sobre edificios, instalacións, equipamentos, transporte e nos ciclos de tratamento de augas residuais e residuos sólidos urbanos.

O alcalde, José Manuel López Varela, considera que “precisamos da implicación da parte pública e da privada para tomar medidas contra o cambio climático” e que o Pacto implicará “a redución das emisións de dióxido de carbono e o control das mesmas” en coordinación coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia. Ademais, neste sentido lembrou que nos próximos meses o Concello da Laracha substituirá por completo a iluminación pública na rede viaria e nos edificios municipais precisamente co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética.

A unanimidade repetiuse na adhesión ao Proxecto Anllóns a través do convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e os diferentes municipios que forman parte desta iniciativa (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso). Farase a través dunha comunidade intermunicipal coa que se creará un espazo de cooperación no que serán consensuadas e deseñadas as actuacións concretas a levar a cabo para traballar no desenvolvemento turístico e posta en valor do río Anllóns e o seu entorno.

Tamén estiveron de acordo os tres grupos políticos na aprobación do estudo de detalle promovido por un particular co obxectivo de agrupar dúas parcelas do plan parcial Cancelo do Medio.

Por último, salientar que foi aprobada -coa abstención dos dous edís do BNG- a proposta de mostrar o apoio institucional do Concello da Laracha á Asociación para a Xestión do Xeoparque Costa da Morte na súa candidatura para ser integrado na Rede de Xeoparques Mundiais da UNESCO. O fin esencial desta iniciativa é o desenvolvemento sostible e equilibrado do territorio con especial apoio nos seus valores xeolóxicos, naturais, patrimoniais e culturais mediante a posta en marcha de accións, programas, actividades e iniciativas de interese xeral. José Manuel López Varela valorou a iniciativa considerando que se trata dunha “aposta importante polo estudo da xeoloxía, a paisaxe e outros recursos da Costa da Morte” que pode implicar “novas posibilidades para potenciar o turismo”.

Fonte - Concello da Laracha

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

La entrada del Almirante Mourelle en la Orden de Santiago

La entrada del Almirante Mourelle en la Orden de Santiago

Rafael Lema. En el anterior episodio "El expediente oculto de San Vicente y Gibraltar"   Francisco Antonio Mo…

Ler máis
El Almirante Mourelle, el expediente oculto de San Vicente y Gibraltar

El Almirante Mourelle, el expediente oculto de San Vicente y Gibraltar

El gran marino de Corme pudo tomar Gibraltar para España y fue uno de los héroes ocultos del combate del cabo San Vice…

Ler máis
Entrega de premios da sexta edición de A Laracha de Tapas

Entrega de premios da sexta edición de A Laracha de Tapas

Nun acto desenvolvido na Casa da Cultura da Laracha, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
SAT Busto Corzon Mazaricos
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Plástico:la caza de brujas de la ecología europea

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Vamos al Lidl cargados con bolsas de arpillera o tenemos que surtirnos con unas talegas de cartón que se rasgan al primer descuadre de estive interno…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Rusia,¿imperio bizantino o caballo de Atila?

José Manuel Palacín Y Rodríguez

A Tijon Shevkunov se le considera el padre ideológico de Valdimir Putin, si es que éste ha procesado deontología alguna en su vida. O sea, que este…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Inmigración y II Restauración en Galicia

Álvaro Rodríguez

En 2018 sucedió un hecho político de dimensión máxima.  La prensa  gallega,  cumpliendo  su obligación de informar, en sus portadas,  La Voz…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información