9.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

As súas Maxestades de Oriente non faltarán a súa cita este venres

Moitos nenos acreditan que xa levan días entre nós, pero sen dúbida este venres 5 de decembro é o recibimento oficial a Melchor, Gaspar e Baltasar por parte das autoridades municipais. Foto (Percorrido polas parroquias de Santa Comba).

Será o preludio da noite máxica !!!

Horarios da visita dos Reis Magos a Santa Comba, Vimianzo, Val do Dubra, Mazaricos, A Laracha e Dumbría.

En Santa Comba percorreron estes días as parroquias. Estes son os horarios da Cabalgata de Santa Comba

18:30 Saída
19:00 Previsión de chegada á zona da Casa da Cultura
19:45 Chegada ao Recinto Ferial
20:00 Representación
20:20 Recepción oficial por parte do alcalde
20:30 Inchables, xogos e animación ata as 22:30

En Vimianzo

A Cabalgata de Reis de Vimianzo arrancará da Residencia DOMUSVI ás 10 para percorrer as 14 parroquias .

Estes son os horarios da Cabalgata de Vimianzo

10,00- Residencia Vimianzo
10,30- Salón parroquial de Salto
11,00- Escola de Bamiro
11,30- Escola de Tines
12,00- Igrexa de Treos
12,30- Praza de Serramo
13,00- Praza do Outeiro- Baíñas
15,30- Igrexa de Castrelo
16,00- Igrexa de Berdoias
16,30- Praza de San Cristovo
17,00- Praza da Igrexa Cereixo
17,30- Escola de Carantoña
18,00- Escola de Pasarela- Calo
18,30- Igrexa de Cambeda
19,00- Percorrido polas rúas de Vimianzo
20,00- Recepción Real na praza do concello.

Tractorada de Reis en Mazaricos

Reivindicando o carácter rural do concello de Mazaricos, as súas Maxestades participarán nunha Gran Tractorada polas rúas da Picota. Sairán as 17h do recinto feiral. Alí voltarán para a recepción oficial, repartir lambetadas e unha chocolatada.

Visita dos Reis Magos a Val do Dubra

A comitiva sairá ás 17,30 desde o campo da feira de Bembibre e fará un percorrido ata o Pavillón municipal onde será recibidos sobre as 18,30h.

Continuarán as celebracións con inchables, chocolate e roscón (20.00 h.).

Visita dos Reis Magos ó concello da Laracha

O xoves xa percorreron unha parte do concello o itinerario deste venres é o seguinte:
• 11:00 h: Saída. Paso por A Telleira, urbanización Monte Claro e O Cancelo.
• 11:30 h: Parada no Igrexario de Cabovilaño. Paso por Cardois, A Braña, O Regado, Arén, O Castro, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame e A Fontaíña.
• 12:30 h: Parada no Igrexario de Lemaio. Paso por A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade e A Areosa.
• 14:00 h: Fin do percorrido na Praza da Areosa de Vilaño.

TARDE
• 15:30 h: Saída. Paso por Estramil, Escurido e O Retorno.
• 15:45 h: Parada no Cruceiro de Lendo. Paso por A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Xesteira, O Campo da Costa e A Pedreira.
• 17:00 h: Parada na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percorrido polas rúas da vila e paso por Xermaña, A Barreira, A Cachada e Lestón.
• 18:00 h: Parada no campo da feira de Paiosaco e percorrido polas principais rúas da vila.
• 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
• 19:30 h: Fin do percorrido no pavillón do IES Agra de Leborís.

Desde as 17,00 hai Festa Infantil no pavillón do IES Agra de Leborís con xogos e inchables.

Melchor, Gaspar e Baltasar en Dumbría

Estes serán os horarios en Dumbría

16:00- Berdeogas
16:45 -Olveira
17:30-Buxantes
18:15-O Ézaro
19:00-Bustelo
19:45-O Conco-Dumbría

As súas Maxestades tamén estarán presentes no resto dos concellos da comarca.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos