10.7 C
Santa Comba
lunes, mayo 27, 2024

A Deputación alerta dun intento de fraude relacionado co servizo de Teleasistencia

Lembra ás persoas usuarias do servizo que a Teleasistencia da Deputación é gratuíta e pide que non faciliten ningún tipo de información bancaria por teléfono

. A Deputación da Coruña advirte dun intento de fraude relacionado co servizo de Teleasistencia.

Nas últimas horas teñénse detectado chamadas a persoas maiores en distintos concellos da provincia preguntando se dispoñen dun servizo de Teleasistencia e solicitando datos bancarios para o cobro de gastos ou cuotas.

A institución provincial quere aclarar que se trata dun intento de fraude e que o servizo de Teleasistencia da Deputación é completamente gratuíto para as persoas usuarias.

Desde a Deputación pídese aos usuarios e usuarias da Teleasistencia que non faciliten ningún tipo de información bancaria por teléfono e que, no caso de recibir estas chamadas, dean aviso á central do servizo a través do botón vermello.

Nota de prensa DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos